Moi bo ritmo nas obras do abastecemento da ría de Pontevedra

32

O Concello de Pontevedra foi o escenario dunha nova reunión da comisión de seguimento do proxecto de abastecemento de auga potábel á ría de Pontevedra. Logo da reunión, na que estiveron representados todos os concellos participantes (Pontevedra, Vilaboa, Marín, Sanxenxo e Poio) ademais dos representantes da empresa pública Aguas de las Cuencas de España (Acuaes), o concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera agradeceulle o traballo realizado até o de agora por Acuaes "por quitar adiante un proxecto que non era nada fácil, e que era moi complexa nalgúns puntos".

Ambos os dous tramos están moi avanzados. De feito a marxe dereita da ría poderá estar rematada este mesmo ano, e está previsto que en decembro de 2015 certifíquese toda a obra.

Mosquera destacou a negociación aberta coa Xunta para evitar ter que pasar a tubería da marxe dereita á esquerda á altura da estación de bombeo, tal e como se recolle no proxecto. Como alternativa presentouse a posibilidade de grapar o tubo á actual pasarela, pero esta decisión está pendente de negociar coa Xunta.