O alcalde recibe ao novo presidente delegado da Federación galega de Teakwondo

62

O alcalde e o concelleiro de Deportes recibiron esta mañá ao novo presidente delegado da Federación galega de Taekwondo, Juan Carlos López Eiriz (delegado da actual presidenta, Mercedes Barrientos) que estivo acompañado do director do equipo Mace Sport, Miguel Cortegoso.
O alcalde destacou a “excelente colaboración coa Federación galega, no marco da celebración dos distintos campionatos deportivos”. O Concello mantén unha relación fluída para traballar en traer a Pontevedra futuros campionatos “que fagan que nos visite máis xente que mova o comercio local e que promova o deporte de elite e de base”.
Este ano, a Federación e o Concello celebraron con éxito deportivo e de participación o Campionato de España Junior, e están previstos o Campionago promesas do Lérez en xullo e Cidade de Pontevedra en novembro. De cara ao ano que vén, Concello e Federación xa traballan en traer a Pontevedra campionatos estatais e internacionais.