O Concello propón que se fagan túneles en lugar de trincheiras no trazado da A-57

57

A Comisiónd de Infraestruturas tomou coñecemento onte das alegacións presentadas polo Concello á autovía A-57 no tramo Vilaboa-Ermida. Segundo informou o concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera existen tres informes: da Oficina de Medio Ambiente Natural, da oficina de arqueoloxía e tamén do enxeñeiro xefe. 

O máis contundente é o informe da Oficina de Medio Ambiente Natural que propón que se substitúan trincheiras por túneles e que non se fagan recheos sobre o río.