O vindeiro luns abre o prazo de inscrición nos primeiros cursos de Pisando Forte

64

O programa de formación para a mocidade, “Pisando Forte”, organizado pola Concellería de Xuventude, abre o 19 de maio o prazo de inscrición dos cursos que se desenvolverán no mes de maio e xuño. Son cursos dirixidos a mozos e mozas de 16 a 35 para acadar as competencias que faciliten a súa incorporación no mercado laboral.
A oferta formativa inclúe:
• Curso de manipulación de alimentos
• Curso de Makers, hardware libre e manufactura persoal
• Curso de community manager
• Curso de monitor e monitora de deportes naúticos: paddlesurf e piragüismo
• Curso de produción e organización de eventos musicais
• Curso básico de infórmatica e competencia dixital.
Os participantes recibirán un diploma acreditativo da formación recibida.
O prazo de pre-inscrición ábrese o día luns 19 maio. Tódalas persoas interesadas poden pre-inscribirse na Oficina de Xuventude de luns a venres de 9 a 14h. Casa Azul r/ Sor Lucía 2, 3º, 36002 Pontevedra. Teléfono 986100185 (Ext. 7491/2) xuventude@pontevedra.eu

Tamén poderán facelo completando o formulario online en https://xuventude.pontevedra.eu