Bicifeira ofrece bicicletas novas e restauradas, charlas e exhibicións durante a fin de semana

396

A praza de España acollerá esta fin de semana a segunda edición da Bicifeira, incluída dentro da programación de Pontenbici. Bicifeira amosará o mundo da bici nunha exposición comercial con bicis novas e antigas o sábado 17 e o domingo 18 na praza de España, onde haberá tamén exhibicións de skates e cars a pedais na avenida de Monteros Rios e un espazo audiovisual no antigo edificio do Concello. Ademais,  a través de charlas e obradoiros, achegará a todos os públicos interesados as interioridades do mundo da bicicleta
Na Bicifeira entregarase o segundo Premio de mobilidade ciclista que este ano recaeu na entidade Masa Crítica. En palabras do concelleiro de transportes, Miguel Filgueira “son persoas que de maneira altruísta loitan polo uso da bici, colaboran á hora de organizar proxectos con estes vehículos, dan suxerencias e fan críticas constructivas de todo aquelo que teña que ver có mundo da bicicleta”. O premio será entregado polo alcalde o sábado, 17 de maio, sobre as 11,30h, na inauguración da bicifeira.
Na praza de España estará a feira (propiamente dita) na que participarán 8 comercios de bicicletas da cidade amosando os seus productos e coa posibilidade de mercar os que se desexen. Ademais, vinculado á feira preténdese ofrecer unha dieta cardiosaudábel a través de productos do mundo do pan, así como unha demostración de xeados naturais feitos con froitas, entre otros alimentos.
No espazo audiviosual que se instalará na Casa Consistorial están previstas as seguintes charlas, organizadas por Masa Crítica:
• Sábado, 17 de maio
o 12.00 h. Mobilidade alternativa
o 17.00 h. Turismo deportivo
o 19.00 h. A familia Supertramp (a volta a Europa en Trike).
• Domingo, 18 de maio
o 12.00 h. Obradoiro sobre mecánica básica e ergometría da bici.

Na avenida de Montero Ríos haberá exhibicións de cars a pedais e de skaters.
A Bicifeira complétase cunha marcha nocturna na noite do sábado, a partir das 22.00 horas. Terá un percorrido plenamente urbano, e seguirá a ruta da pedalada de primavera celebrada o pasado 27 de abril. Con esta pedalada Masa Crítica busca ligar a seguridade e a mobilidade ciclista, fomentar o uso da bici na estrada e concienciar a conductores de coche e de bicis a cumprir as normas. Harmonizar a convivencia e reducir os riscos dos ciclistas como obxectivo primordial deste colectivo.
Máis de 1.000 chalecos reflectantes coa lenda “Separación mínima 1,50” (entre coches e bicicletas) serán repartidos entre os participantes. Ademais de pegatinas para os coches co mesmo eslogan.