Exposición “Chamadeiros de Pontevedra”

56

Lugar: Praza de Ourense.

Exposición "Chamadeiros de Pontevedra", organizada pola Concellaría de Normalización Lingüística.

Os nosos antepasados puxeron moito esforzo e vontade en querer nomear cada anaco de terra. Agora, a transformación demográfica e a progresiva desaparición dos modos de vida tradicionais ameazan gravemente a conservación deste riquísimo patrimonio.   Co obxectivo de recuperar para recoller, investigar, coñecer, catalogar, difundir e utilizar a toponimia do territorio que ocupamos, o Concello de Pontevedra, a través de concellería de Normalización Lingüística, puxo en marcha o proxecto ‘Chamámonos así’.

Trátase dun plan que buscar facer un inventario da toponimia do municipio para volver poñela en valor e devolverlle a súa razón de ser: nomear e identificar o noso territorio.