Exposición de Toponimia nas parroquias de Marcón, Tomeza, Mourente, Xeve e Verducido

102

Os nosos antepasados puxeron moito esforzo e vontade en querer nomear cada anaco de terra. Agora, a transformación demográfica e a progresiva desaparición dos modos de vida tradicionais ameazan gravemente a conservación deste riquísimo patrimonio.   Co obxectivo de recuperar para recoller, investigar, coñecer, catalogar, difundir e utilizar a toponimia do territorio que ocupamos, o Concello de Pontevedra, a través de concellería de Normalización Lingüística, puxo en marcha o proxecto ‘Chamámonos así’.

Trátase dun plan que buscar facer un inventario da toponimia do municipio para volver poñela en valor e devolverlle a súa razón de ser: nomear e identificar o noso territorio. O proxecto xa ten completos os mapas de seis parroquias: Marcón, Mourente, Xeve, Santa María de Xeve, Tomeza e Verducido.

Así, os primeiros mapas estarán ao longo dos meses de maio e xuño en seis parroquias para seren revisados: 

• Na Casa da Cultura de Marcón estará do 19 de maio ao 19 de xuño en horario de 17.00 a 21.00 horas de luns a xoves. 

• No antigo colexio de Lusquiños, en Tomeza, estará do 20 de maio ao 20 de xuño e poderá visitarse entre as 17.00 e as 21.00 horas de luns a venres e de 10.00 a 13.00 horas os sábados. 

• O local da Sociedade Cultural de Mourente acollerá os mapas do 21 de maio ao 21 de xuño e poderán verse todos os días de 17.00 a 21.00 horas. 

• Entre o 27 de maio e o 27 de xuño os mapas poderán verse no Centro Cultural de Santa María de Xeve, no Teleclube de Santo André de Xeve e na Casa do Pobo de Verducido. En Santa María de Xeve, o horario de visita é de 8.30 a 13.00 horas de luns a venres; de 17.00 a 21.30 horas os luns e os mércores; de 20.30 a 21.30 os xoves; de 20.00 a 21.00 horas os venres e de 20.30 a 23.00 horas o sábado. No Teleclube de Xeve estará aberta de luns a venres de 19.00 a 21.00 horas; e os sábados e domingos entre as 11.00 e as 14.00 e de 18.00 a 21.00 horas.  En Verducido o horario de visita é de luns a venres de 19.00 a 21.00 horas e os sábados e domingos de 11.00 a 14.00 horas.