O Consello da Muller incrementa a súa representación social

68

O Concello acolleu onte pola tarde a reunión do Consello da muller na que se asentaron as bases para a elaboración do terceiro Plan de igualdade, para elaborar un protocolo de respecto á igualdade nos distintos ámbitos municipais.
Tamén se deu a benvida a Carmen Abeledo e a Luisa Márquez como persoas dinamizadoras que nos seus respectivos ámbitos de traballo (sanidade e educación) traballan a perspectiva de xénero. Tamén se aprobou que formase parte do Consello da Muller unha representante do ámbito deportivo e a inclusión da Rede provincial Pontevedra pola igualdade.
O Consello coñeceu as conclusións da mesa da violencia, así como todas as actividades organizadas polo Centro de Información á Muller (CIM) coa presenza das monitoras das actividades que fixeron unha valoración moi  positiva; o proxecto da nova horta urbana, ou os premios de igualdade coa Universidad de Vigo aos que acordaron poñerlle o nome de Ernestina Otero, directora da escola Normal.
Tamén se realizou un calendario de traballo para a elaboración do III Plan de igualdade e de desenvolvemento da Semana da igualdade que se celebrará no mes de outubro.