O concelleiro de Xuventude, Demetrio Gómez, presentou hoxe os grupos musicais que participarán no 15 bolos deste verán, logo de ser elixidos pola Concellería de Xuventude, a de Festas e o Local de Música.
Segundo os datos que ofreceu o concelleiro, ao 15 bolos deste ano presentáronse 36 bandas, das que foron seleccionadas polo xurado 14 que tocarán na praza da Verdura e na praza do Teucro. Tamén anunciouse a elixida para actuar como teloneiros nun dos concertos da semana grande de festas na praza de España, o grupo pontevedrés de metal alternativo Vortex “cunha música alta, forte e rápida”, segundo Demetrio Gómez, quen recalcou o elevado nivel de profesionalidade dos grupos presentados e o esforzo previo que realizan.
As bandas foron elixidas con criterios obxectivos: técnicos, as máis acaídas cos espazos que serán escenarios das bandas e a confianza depositada nas finalmente elixidas, “formadas por xente seria, profesional e que demostraran a rodaxe necesaria”.
O 15 bolos é unha aposta da Concelleria polos grupos locais co obxectivo de dignificar a música que se fai en Pontevedra, algo único en Galicia. O concelleiro alaba tamén a utilidade do curso de organización de eventos musicais organizado polo Local de ensaio.
Os concertos serán na praza da Verdura (5 concertos de música máis suave), e na praza do Teucro (9 concertos de música máis forte). Na praza de España actuará a banda Vortex como teloneiro dun dos concertos da semana grande das festas.
A relación entre os días e a música que soará é:
Luns: Música indie rock
Martes: Punk
Mércores: Rock and Roll
Xoves: Actuará o grupo “ La4pared”
Venres: Festival no que participarán os grupos “De buena tinta”, e “Freire big ban”
Inicio Novas