Natureza sobre rodas achegarase este domingo até as ribeiras do Lérez

48

A programación de Pontenbici pon en marcha o próximo domingo 25 de maio a segunda saída de Natureza sobre rodas, o programa de visitas en bicicleta aos espazos naturais do concello que este ano celebra a súa terceira edición. Trátanse de rutas para familias, aínda que se recomenda que non se leven nenos menores de 8 anos polas dificultades da ruta, de dificultade media e cun desnivel na ruta moi baixo.
A ruta do domingo 25 de maio sairá dos aledaños do concello, na Alameda, para avanzar polos xardíns do centro urbano de Pontevedra, donde se amosarán aos participantes algunhas especies singulares de flora. O percorrido continua polo tramo dereito do río ata chegar ás inmedicións do antigo Balneiro do Lérez para rematar na carón de Ponte Bora.
Nas paradas interpretativas para observar elementos característicos da fauna e flora dos espazos naturais poderán gozar do frondoso bosque que medra nas ribeiras de Lérez, composto por unha ampla variedade de especies de folla caduca adaptadas a solos húmidos e frescos coma o salgueiro común, o amieiro, o bidueiro, a avelaira e outras moitas especies.
Aos participantes entregaránselles un mapa-guía que conterá os percorridos da edición, con debuxos da fauna e flora máis singular dos espazos naturais de Pontevedra.
Esta saída será o 25 de maio en horario de 11 a 14 horas e terá unha lonxitude de 12 km, aproximadamente.
A derradeira saída será o 15 de xuño, pola travesía do AVE (río Gafos) e as paisaxes de Salcedo.
Estas etapas son diferentes ás tratadas nas pasadas edicións de 2012 e 2013.
As persoas interesadas en participar deberán inscribirse no departamento de Medio Ambiente no teléfono 986 804300 na extensión 7584.