Lugar: Edificio Sarmiento. Museo de Pontevedra.
Horario: martes a sábado de 10 a 21 h. Domingos e festivos de 11 a 14 h. Luns pechado.
Esta exposición conmemora o terceiro centenario da consagración en 1714 do emblemático edificio vinculado nas súas orixes ó Colexio da Compañía de Xesús.
Nela faise un percorrido a través da súa historia e evolución, desde os inicios da fundación xesuíta a mediados do s. XVII e a súa construción, ata a expulsión da orde en 1767 e a súa transformación en parroquia de San Bartolomeu en 1836. Tamén se mostran os diferentes usos que tivo o seu edificio anexo, desde Colexio xesuíta ata ser unha das sedes do Museo de Pontevedra.