Felicitacións a distintos axentes e veciños da cidade no Día da Policía

78

O Pazo da Cultura acolle este mediodía os actos oficiais do Día da Policía Local no que participarán diversas autoridades locais e provinciais, presididas polo alcalde Miguel Anxo Fernández Lores.
Neste acto entregaranse as seguintes distincións:

• Medalla ao mérito profesional: Policía David Abollo Rodríguez
Sendo as 14:30 horas do día 21 /11/2013 tívose coñecemento de que un  señor precipitárase desde a Ponte da Barca ao río Lérez. Enviáronse para o lugar a diversas dotacións e a  primeira en chegar foi a patrulla PO-31 de Seguridade, que o fixo en aproximadamente tres minutos dende o aviso, e ollando a unha persoa flotando boca abaixo no medio do río o policía David Abollo, sen dubidalo un intre nin reparar na baixa temperatura da auga e na súa propia seguridade, lanzouse ao río para realizar o rescate da persoa que estaba boca a baixo e inconsciente, procedendo a voltealo para liberarlle as vías respiratorias e deseguido arrastralo cara a orilla da Avda. Das Corbaceiras. Xa cando estaba próximo á beira foi apoiado e relevado por unha parella  de  bombeiros  que remataron de sacalo.
Xa en terra, os efectivos de Bombeiros procederon a executar as manobras de RCP do señor até que chegou a ambulancia medicalizada do 061 que os relevou, conseguindo aqueles que o señor mantivese as constantes vitais; posteriormente e tras estabilizalo o persoal sanitario, trasladárono ata o CHOP de Montecelo onde foi ingresado.
Débese de salientar a heroica intervención do policía David, o cal coa súa determinación e indubitado valor para lanzarse á auga nunhas condicións adversas, e con evidente risco para a propia vida, conseguiu o rescate do señor para que en principio sobrevivise,  polo que é acredor das distincións e honores establecidos aos efectos.
• Ademais, entregaranse felicitacións persoais a:
o Inspector Luís Adolfo Alfonso González, responsábel da unidade de barrio e do servizo de mediación.
o Oficial Diego Díaz Outeda
o Policía Ricardo Veiga Lage
o Policías Daniel Carrillo Durán, Óscar Franco Padín, David Iñarrea Macías e David Barreiro Rodríguez.
o Policías Juan José Pérez Cancela e Ricardo Cruceira Soto.
• Guillermo Sánchez González, comisario principal. Xefe Comisaría provincial do Corpo da Policía Nacional.
• Alicia Paula Otero González, funcionaria municipal.
• Isabel Couselo Torres, funcionaria municipal.
• Ao medio de comunicación Radio Pontevedra
• María Julia Gil Eiras: O pasado día 8 de decembro de 2013, despois de atopar na vía pública unha carteira que, entre lotería e diñeiro en metálico, rondanba os 5.000 euros de valor, non o dubidou nin un só instante e presentouse no departamento de obxectos perdidos da Policía Local para entregarla e que se fixese chegar ao seu dono, cousa que se fixo con prontitude, para alivio do titular.
Nos tempos que corren, actuacións como as Dona Julia -que debería ser as normais non o son- polo que cobra especial relevancia este comportamento solidario, empático e cheo de respecto hacia os seus semellantes.
Dona Julia é unha desas persoas que nos permite crer na honestidade dos cidadáns e ter a esperanza de que avanzamos no camiño correcto até unha sociedade mellor.
• Arela: O labor que, no eido da sensibiliazación e reedeucación social, realiza ARELA cos menores que resultaron condenado pola comisión de diversos delitos, consideramos, que é básica nun sistema penal humanizado que busca a rehabilitación e a reinserción do delincuente.
• Justo Gil Día (Tito), voluntario de Protección Civil de Pontevedra, con máis de 15 anos na agrupación.
• Federación de nais e pais do Concello de Pontevedra e dirección dos Colexios implicados no proxecto de Camiños Escolares. Recollen os galardóns:
o Rogelio Carballo Solla (Fampa).
o Colexio Álvarez Limeses
o Colexio Campolongo
o Colexio Froebel
o Barcelos
o Vidal Portela
o Doroteas