Pontevedra homenaxea a Ernestina Otero, a primeira directora da Escola Normal

54

O Concello de Pontevedra fará o este xoves, 29 de maio, unha homenaxe á primeira directora da Escola Normal de Pontevedra, Ernestina Otero, en verbas da concelleira Carmen Fouces "Ernestina exemplifica á muller do seu tempo e o compromiso de xeneracións futuras. Mulleres como Ernestina foron as que edificaron a estrutura de dereitos que agora queren roubarnos".
A homenaxe será na avenida de Montero Ríos, onde estaba a antiga sede da Normal en Pontevedra. Será a partir das 20.30 horas e nel intervirán a concelleira de Muller, Carmen Fouces, Manuel Puga Pereira, neto de Ernestina e biógrafo; Aurora e Clementina Vidal Caramés e o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores.
Este acto, organizado polas concellarías de Patrimonio Histórico, que dirixe Luís Bará e de Muller, que xestiona Carmen Fouces, é o prolegómenos do simposio do proxecto "A memoria das mulleres" que se celeberá os días 30 e 31 na Casa das Campás.

Ver documento PDF
Ver documento PDF
Ver documento PDF