Segunda edición do Roteiro da Moureira

66

A Concellaría de Patrimonio histórico, que dirixe Luís Bará, no marco do proxecto municipal “A memoria das mulleres” volve a organizar este sábado, 24 de maio, un roteiro polos traballos e oficios das mulleres do antigo barrio mariñeiro da Moureira. O percorrido está conducido por Olga Conde e contará coa colaboración de dos alumnos do CIFP Carlos Oroza: Cristian Castillo, Lidia Fernández e Andrea Alfonso, que realizaron un traballo de investigación e entrevistas dentro do proxecto “A memoria das mulleres”.
Están inscritas 60 persoas para participar neste segundo roteiro (o anterior foi o pasado 10 de maio) e conta coa colaboración Asociación de veciños San Roque acordaron repetilo o vindeiro 24 de maio á mesma hora.
A actividade dará comezo ás 11 horas no antigo lavadoiro do Peilán (na rúa Pelamios, fronte ao hotel Da Barca).

A memoria das mulleres da Moureira
A Moureira, situada na beira do río Lérez, nace extramuros como arrabalde da cidade amurallada. O florecente barrio mariñeiro foi motor económico da vila durante varios séculos, tendo nos diversos oficios das súas mulleres unha achega indispensable. Baseado nalgunha das súas historias en primeira persoa, o roteiro pon en valor o traballo feminino, recollendo a memoria viva das súas mulleres: as lavandeiras, as lañadoras, as descargadoras de sal, as atadeiras ou as vendedoras da praza.

Percorrido do roteiro: Moureira de abaixo ou de San Roque
Zona máis habitada, dedicada principalmente á pesca e a diferentes oficios relacionados coa actividade, como lañar o peixe ou o arranxo de redes, con peiraos individuais e carpintaría de ribeira.

• O lavadoiro de Peilán:
o As lavandeiras
o Imaxes do vello lavadoiro do Gafos
o Os muiños
• O peirao das Corvaceiras:
o As imaxes de Ruth Matilda Anderson (TheHispanic Society of America)
o As atadeiras da Moureira. Victoria, a Marajota, a última atadeira viva.
o Lugar de desembarco do sal, do peixe e diversas mercadorías.
o A Punta do Morro: onde se secaban as redes despois de encascalas e tamén lugar para o atado dos panos para armar as redes.
• Restos de etnografía mariñeira
o Rúa Irmáns Nodales
o Proceso do encascado das redes.
• As escaleiras de Carrascal:
o O topónimo Moureira.
o Descarga do sal: "Mansita", a última descargadora viva.
o Os almacéns de sal: restauración do antigo alfolí e oficinas de Carrascal.
• O Campo da Torre:
o Lavado do peixe (para lañar e salgar ou secar)
o As lañadoras de peixe (principalmente a sardiña).
o Josefa Barcia: lañado, salga (Nucha, a que máis salgaba) e secado de peixe.

Moureira de Arriba

Zona onde se situaba a igrexa, os estaleiros e os peiraos

• A Casa das tres columnas:
o A prostitución: libro "As tres columnas" de Sabino Torres.
o Área ocupada polos bordeis e bares.
o Arquitectura típica dun Bordel da Moureira.
• Vivendas mariñeiras:
o Arquitectura: soportais, patíns …
o O traballo doméstico: o transporte da auga, o coidado da horta…
• A Praza do Peirao:
o Topónimo
o Orixe do barrio: a pesca na Ponte do Burgo.
o Significado da Moureira para a vila de Pontevedra no pasado.
o Traballo das mulleres
• A praza de abastos.
o Vendedoras na praza: Ramona Domínguez e Josefa Barcia
o O marisco de Ons: a relación entre Ons e A Moureira. Ramona Domínguez e a descarga do marisco das dornas
o A subastadora: Enriqueta de Raque.