Visita de formación dos alumnos do Frei Martín Sarmiento á Xunqueira de Alba

55

Un grupo de alumnos do Instituto Frei Martín Sarmiento de terceiro da Eso e de segundo de Bacharelato realizaron esta mañá unha visita guiada polo ENIL da Xunqueira de Alba, acompañados de técnicos da Concellaría de Medio Ambiente e do ornitólogo Víctor Cabaleiro.
O obxectivo da visita era coñecer a fauna e flora da Xunqueira, así como o desenvolvemento dos animais no seu hábitat, e a biodiversidade do ENIL.
Os estudiantes pudieron coller aves e anelar aquelas que aínda non o estaban. Pasearon pola Xunqueira para observar anduriñas e outras especies, e fixeron unha plantación de árbores de horta que eles mesmos trouxeiron dende o centro de ensino.
A Concellaría de Medio Ambiente realiza durante todo o ano visitas guiadas á Xunqueira Alba entre os centros de ensino do concello e da comarca para dar a coñecer a súa fauna e flora, e difundir a riqueza dun espazo como o ENIL situado a carón da cidade.