Presentación do Demo asubiador

48

A Carballeira de Alcalde Hevia, no parque dos Gafos, será o escenario para a presentación da publicación O demo asubiador, publicado pola asociación Vaipolorío en colaboración co Concello. A autoría é de Calros  Solla, as ilustracións de Chica pájaro, e a melodía do "Demo asubiador" de Rosalía Rodríguez.

A publicación foi presentada á prensa esta mañá polo concelleiro de Patrimonio Histórico, Luís Bará, e o presidente de Vaipolorío, Gonzalo Sancho, quen destacou que esta lenda chegoulles a través de Pedro Aboi Santos.

A lenda do Demo asubidor conta que co comezo do ano, o demo escolle ao parvo do pobo, asubíalle unha melodía ao oído, e durante todo o ano o incauto estará todo o ano "escoitando campás, sen saber onde".