Inauguración da exposición conmemorativa de Antón Abreu Bastos

58

Inauguración da exposición conmemorativa do decimo aniversario do falecemento do artista Antón Abreu Bastos.

Organizada pola Galería About Art (Rúa Pasantería, 9 baixo) en colaboración coa familia do autor, onde se presentan unha selección de obras que pertencen ás principais etapas de producción do artista galego afincado en Arxentina durante gran parte da súa vida.

A inauguración contará coa presenza da familia do autor, coa súa esposa e tamén artista Elsa Pérez Vicente.

Poderase visitar ata finais de mes, de martes a venres, de 11 a 14 h. e de 17:30 a 20:30 h. e os sábados, de 11 a 14 h.