Lugar: Teatro Principal
Hora: 20:30 h.
Representación a cargo do grupo de teatro Valacar, organizada por ONCE Galicia.
Valacar consolidouse no ano 1992 como Agrupación Teatral. Dende a súa constitución como taller a finais da década dos 80, Valacar emprendeu unha ruta que o levou a participar en todas as Mostras Estatais de Teatro Once que se celebraron dende a data, así como en xiras e actuacións tanto a nivel autonómico como estatal ou internacional. Valacar caracterízase fundamentalmente por traballar a comedia e a farsa, e entre os seus espectáculos máis notables podemos destacar " Os cravos de prata", "A voda de Esganarello", "Lisístrata", etc.17:19 Representación a cargo do grupo Valacar.