Reunión entre Concello e Ciencias Sociais para dar a coñecer Dirección e xestión pública

43

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores recibiu esta mañá ao decano en funcións da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, Celso Cancela Outeda, que tratou co alcalde diversos temas en relación a Dirección e Xestión Pública, incluída dentro dos estudos da facultade.
Abordou a posibilidade de que o Concello asine un convenio específico con esta titulación para realizar prácticas de estudantes de cuarto curso no Concello de Pontevedra, ao igual que mantén con outras institucións.
Tamén lle solicitou ao alcalde a posibilidade que difundir dentro da administración local a titulación de Dirección e Xestión Pública, de tal xeito que se teña en conta á hora de facer as convocatorias das Ofertas de emprego público ou a dar a coñecer a titulación entre o propio persoal da administración, por si estivesen interesados en cursar estes estudos dado que oferta a posibilidade de cursos on-line ou con clases semipresenciais.