Constitución do Consello dos menos dos Camiños escolares

82

A Casa das Campás foi o escenario de constitución do Consello municipal dos nenos e das nenas dos Camiños escolares, no que participan 4 alumnos por cada un dos centros integrados neste programa municipal, impulsado pola Concellaría de Seguridade Cidadá, que xestiona a Carme da Silva, da man da Policía Local. Participan no Camiño Escolar os centros Álvarez Limeses, Campolongo, Doroteas, Froebel, Vidal Portela e Barcelos.

Trátase dun órgano de consulta e intercambio de información entre os nenos que van ao colexio andando cada día e o Concello co obxectivo de ir mellorando o Camiño da man dos seus usuarios. 

Nesta sesión constitutiva do Consello, presidida polo alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, recolléronse as impresións que os nenos teñen do Camiño escolar, así como as suxestións para melloralo con carácter xeral, e propostas para mellorar os ámbitos de cada un dos centros de ensino.

Incrementar o número de persoas que dan pasos aos nenos nos pasos de peóns, máis colaboración dos establementos comerciais, mellorar os Camiños para que tamén se poidan desprazar os nenos en bicicleta, ou asuntos máis concretos do ámbito de cada centro como a peonalización da rúa Alfonso XIII que une Doroteas con Froebel.

A Policía tratará cada unha das peticións dos nenos dándolle solución na medida das posibilidades da administración. 

Volverá a reunirse no inicio do curso escolar e terá varias sesións ao longo do curso.