Galicia-Andorra de rugby este sábado en Monte Porreiro

72

O campo de rubgy de Monte Porreiro acolle este sábado, 7 de xaneiro, ás 19.00 horas o partido entre as seleccións de Galicia e de Andorra. Este partido está incluído dentro da History Cup Rubgy na que participan as seleccións vasca, catalana, de Andorra e Galicia. Promoveuse dende as diferentes comunidades autónomas participantes unha vez que se suspenderon as competicións senior masculinas a nivel das seleccións autonómicas.

Trátase dunha xornada festiva que terá actividades dende primeira hora no campo de Monte Porreiro. Haberá un campionato de veteranos de distintos equipos de Galizia, até ás 16.00 horas, e a partir das 17.00 horas haberá un triangular de "Seven feminino" coas participacións de Galicia-Braga-Galicia B.

A continuación haberá o partido Galicia-Andorra. Trátase dunha competición similar ao seis nacións, na que cada ano acúdese "á casa" dun equipo, e ao seguinte á outra.