Namorando, un programa educativo para unha educación sentimental boa e sa

87

A concelleira da Muller, Carmen Fouces, presentou esta mañá o programa Namorando, un programa educativo destinado a alumnos de 4º de Primaria e 4º da ESO co obxectivo de asentar as bases dunha educación sentimental axeitada, boa e sa.
O programa Namorando nace dun estudo que determina que os nenos e nenas, antes de iniciar o seu proceso emocional, identifican aquelo que está ben e mal nunha relación sentimental. Unha vez que inician o seu percorrido emocional comenzan a experimentar cousas e comportamentos errádicos. Isto nace de crenzas de amores románticos e posesivos, a concepción dicotómica da media laranxa e do amor cego.
O obxecto do programa Namorando é erradicar esas crenzas que se adquiren para ataxar de raiz os comportamentos que levan a parellas cada vez máis cativas a cometer erros, e establecer desta maneira, as bases para unha boa relación, en igualdade e que non deriven en violencia. Outorgarlle aos cativos as ferramentes que lles permitan ser críticos con determinadas relacións idealizadas.
Namorando levarase a cabo con alumnos de 4º de primaria e 4º da ESO, dous grupos de idade diferentes e con duas metodoloxias distintas.
Os alumnos de 4º de primaria traballarán nun conto, nunha historia que será grabada en video, coa colaboración da empresa de comunicación “El Espejo Mágico”, baixo a premisa de “todo comeza con unha lección: a túa felicidade” . Os rapaces traballarán na elaboración do conto, dos capitulos e na representación do videoconto. Primeiro recollerán datos; no mes de xaneiro comenzarán coa grabación do capítulo para, en abril, expoñer o videoconto aproveitando a XVI edición do Salón do Libro.
Pola súa parte, os alumnos de 4º de Secundaria, farán un traballo máis documental, cun enfoque máis sociolóxico, xa que contan cunha materia prima moi potente. Diseccionarán un conto como si fora un corto.
Dende a Concellaría da Muller recálcase que a solución a estes comportamentos é a través da educación, e dende o Concello “poñerase o noso gran de arena”, explicou Carmen Fouces.
Rosa Campos, presidenta do CIM, subliña que “pode dar moitos resultados ao fio do estudo da violencia no ámbito educativo. A experiencia di que cada vez máis mulleres, e máis xóvenes, atópanse nesta situación. A idea é traballar para mellorar as relacións a acabar con esta solución”.