Actividades organizadas polo Centro Comercial Urbano Zona Monumental de Pontevedra co gallo do seu 25 aniversario.
Venres 13 de xuño:
Descontos e promocións en establecementos e apertura comercial ata ás 22 h. | Animación de rúa. | Reparto de agasallos de 18 a 22 h. na rúa Serra. | “Espazo Artesán” con postos de coiro, torneiro, instrumentos musicais, traxes tradicionais, cestaría, filloas… na fachada do Mercado de Abastos, en horario de 11 a 14 h. e de 17:30 a 22 h. | 20 h. Desfile de moda na Praza de Méndez Núñez, de 20 a 22 h.
Sábado 14 de xuño:
Xornada de portas abertas con Marexada, deporte, cultura e lecer, S.L. De 18 a 21 h. haberá inchables, talleres, ludoteca e actuación a cargo dun mago. Stand solidario da protectora de animais Os Palleiros e “Desfile Palleiro”.
Venres 20 de xuño:
“Festa fin de cole” de 16:30 a 20:30 h. Inchables, talleres… en Méndez Núñez, Curros Enríquez, Rúa Serra e Padre Luis. Ás 19 h. Festa da escuma na Praza da Pedreira.
Xoves 26 de xuño:
Concerto de Banda de Música ás 21 h. na Praza de Méndez Núñez.