Encontro Internacional de Contadores de Historias “Sete Falares”

79

Os días 6, 7 e 8 de xuño terá lugar en Pontevedra o Encontro Internacional de Contadores de Historias “7 Falares”, unha cita moi especial para os que gusten de escoitar boas historias e para os que gustan de contalas.

Importantes narradores e narradoras de Sao Tomé e Príncipe, Portugal, Uruguai e Galiza van encher de palabras as prazas, teatros, museos e rúas de Pontevedra durante 3 intensos días.

Sexta Feira. Venres 6:

• 18:00 h. Inauguración. "Historias da tía Valisneria". Pavís Pavós presenta este espectáculo destinado a público infantil. Pazo de Mugartegui. Entrada gratuíta até completar a capacidade.

• 20:30 h. “De dous en Dous” a cargo de Soledad Felloza e Ângelo Torres. Público adulto. Teatro Principal. Entrada gratuíta até completar a capacidade.

• 23:00 h. "De dous en Dous” a cargo de Avelino González e Ana Sofía Paiva. Público adulto. Teatro Principal. Entrada gratuíta até completar a capacidade.

Sábado 7:

• 11:00 h. Espéctáculo a cargo do actor e humorista e contacontos “Pablísimo”. Público adulto. Casa das Campás. Entrada gratuíta até completar a capacidade.

• 12:30 h. “Cociña de contos, Europa á carta”. Entrega dos premios do concurso de narración “Cociña de contos, Europa á carta”. Casa das Campás. Entrada gratuíta até completar a capacidade.

• 17:30 h. “Contos en cantos”. Espectáculo a cargo de Ana Sofía Paiva. Público adulto. CITA (Centro de Interpretación das Torres Arcebispais). Entrada gratuíta até completar a capacidade.

• 19:30 h. Espectáculo a cargo de Ângelo Torres. Público adulto. Casa da Luz. Entrada gratuíta até completar a capacidade.

• 22:00 h. “Ruta de historias por Pontevedra”. En grupos de 60 persoas por cada pase, percorrerase a cidade visitando lugares emblemáticos mentres escoitamos historias de Ana Sofía Paiva, Ângelo Torres, Soledad Felloza e Avelino González. Haberá catro quendas con saídas dende a Casa das Campás ás 22:00, 22:20, 22:40 e 23:00 h. Público adulto. Actividade gratuíta.

Domingo 8:

• 11:00 h. "Contos no meio do mar" con Avelino González. Viaxe en barco desde As Corbaceiras. Público adulto. Entrada 15 €, desempregados 10 €. Cabida limitada. Venda de entradas no propio barco no peirao de As Corbaceiras dende 1 hora antes.

• 18:30 h. "Soledad Felloza". Soledad Felloza. Público Adulto.CITA (Centro de Interpretación das Torres Arcebispais). Entrada gratuíta até completar capacidade.

• 20:30 h. Claurura. "Rolda de Narradores". Historias con: Avelino González, Soledad felloza, Ana Sofia Paviva, Ângelo Torres, Pablísimo e Pavís Pavós. Acompañamento musical: Davide Nogueira (Clarinete) e Antón Castro (Zanfona). Teatro Principal. Entrada 3 €, desempregados gratuíto. Público adulto. Venda de entradas dende 2 horas antes na billeteira do Teatro Principal de Pontevedra.

Infórmate e consulta toda a programación en www.facebook.com/setefalares