Inauguración da exposición “De templo xesuita a parroquial de San Bartolomeu”

72

Lugar: Edificio Sarmiento. Museo de Pontevedra

Hora: 20 h.

Inauguración da exposición “De templo xesuita a parroquial de San Bartolomeu. Tricentenario da súa consagración”.

Esta exposición conmemora o terceiro centenario da consagración en 1714 do emblemático edificio vinculado nas súas orixes ó Colexio da Compañía de Xesús.

Nela faise un percorrido a través da súa historia e evolución, desde os inicios da fundación xesuíta a mediados do s. XVII e a súa construción, ata a expulsión da orde en 1767 e a súa transformación en parroquia de San Bartolomeu en 1836. Tamén se mostran os diferentes usos que tivo o seu edificio anexo, desde Colexio xesuíta ata ser unha das sedes do Museo de Pontevedra.