Lugar: Centro Social Fundación Novacaixagalicia
Hora: 20:30 h.
Prezo: dende 5 €. Entradas anticipadas á venda no teléfono 902 504 500 e en www.servinova.com
Nos meus zapatos é un espectáculo da compañía de danza de Igualarte, entidade que traballa o desenvolvemento artístico en persoas con capacidades diferentes, promovido pola Fundación Novacaixagalicia.
Cincuenta minutos de actuación onde dez integrantes expresan a través do baile a dificultade de encontrar o espazo axeitado para recoñecernos e para ser recoñecidos polos outros.
Un espectáculo de expresión corporal que invita ao espectador a unha reflexión interior sobre a forma na que nos vemos e sobre o como nos queremos ver. A música que acompaña ao espectáculo é capaz de xerar unha atmosfera actual e intensa que propicia os sentimentos encontrados e empurra ao pensamento, son temas de Orbital, Jonnhy Flynn, Chickson speed kroke ou Balkan.