As empresas ofertan 3,7 millóns para o desdobramento da avenida de Vigo

49

O Concello de Pontevedra celebrou esta mañá a segunda xuntanza da mesa de contratación para a adxudicación do desdobramento da avenida de Vigo. Segundo explicou o presidente da Mesa, Raimundo González Carballo na sesión puntouse "en función dos informes técnicos" o sobre B referido á seguridade e calidade ambiental; características dos materiais; terrapléns e recheos; zahorra… que deixou fora do concurso a oito empresas dado que non chegaron a o mínimo de puntuación (5 puntos).

Abríronse o sobre C, da proposta ecónomica e das melloras, das nove propostas restantes, e todas ofertaban 3.782.100 euros, é dicir, todos foron á baixa máxima permitida que era do 9%. As ofertas serán valoradas polos servizos técnicos, onde pesará especialmente as melloras que ofertan cada unha.

Cabe lembrar que as ofertas que presentaba o proxecto do Concello eran:

  • Tratamento do primeiro tramo até o cruzamento coa rúa Luís Seoane
  • Tratamento do segundo tramo da avenida de Vigo
  • Carril no Nó do Pino
  • Pasos de peóns elevados
  • Tratamento da avenida da Estación
  • Senda do río Gafos
  • Mellora do camiño peonil que une a avenida da Estación coa avenida de Vigo.