Festas na honra á Virxe dos Praceres na parroquia de Santo André de Lourizán.
Sábádo 7 de xuño. "Dia da Xuventude":
• 20:30 h. Desfile de comparsas con Os da Caña de San Xulián, Os Miudos de Arcade e Flores de Carnaval de Monteporreiro. O pasarrúas sairá dende A Camboa e percorrerá a Avenida de Montero Ríos ata o campo da festa.
• 22 h. Xira de Radio Kyoto, con festa amenizada polos Djs Manu Gz, Hermix e Zalo Santos, e coa animación a cargo de varios Gogós.
Domingo 8 de xuño:
• 10 h. Pasarrúas a cargo do grupo Os Alegres.
• 22 h. verbena amenizada pola orquestra Gran Parada e polo grupo Azar.
Luns 9 de xuño:
• 10 h. Pasarrúas coa charanga Air Jalisia.
• 12 h. Misa cantada polo coro parroquial, seguida de procesión. Ao remate gran tirada de fogos.
• 22 h. Verbena amenizada polas orquestras Sintonía de Vigo e Combo Dominicano.
Haberá atraccións de feira para todos os públicos, sorteos de rifas e reparto de xeados ata fin de existencias.