O BOP publica o acordo plenario para a construcción da Planta de Compostaxe

70

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publica hoxe o acordo plenario para a construcción da planta de compostaxe, así como o protocolo asinado entre o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores e o polo presidente da Deputación, Rafael Louzán para levar a cabo este proxecto.
Tal e como ten mencionado o concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera impulsor do proxecto, ao día seguinte da publicación deste acordo, as empresas, comunidades, particulares que o desexen poderán presentar oficialmente (polo Rexistro Municipal) todas aquelas ofertas de terreo para a situación da planta.