O Concello e a Universidade apostan polo Campus crea

75

O alcalde e o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, acordaron onte promover o proxecto "Campus crea" así como reactivar o novo edificio das Artes, que se situará na parcela de Tafisa. A denomiación do "Campus green" o primeiro de Galiza, tamén sería un dos obxectivos da Universidade de Vigo para o campus de Pontevedra, segundo lle transmitiu onte o reitor ao alcalde na visita institucional que realizou ao Concello, xunto ao vicerreitor do Campus de Pontevedra.

Segundo explicou o alcalde, ambas institucións están interesadas en "sacarlle a máxima rendibilidade ao campus", e para iso existen varias liñas de traballo. Unha delas é promoción do "Campus crea" que pretende a especialización do campus para "introducir un valor engadido que repercuta clara e intencionadamente no entorno social da comarca", explicou o reitor. Está en proceso a execución do Plan estratéxico así como o Plan de necesidades, pero está claro que o campus se especializará en:

  • Arte e comunicación
  • Deporte e saúde
  • Xestión e función pública
  • Natureza e comunicación

Mentres a Universidade traballa xa nun plan específico de empleabilidade e outro de internalización, de feito, neste sentido, a Universidade xa ten un acordo coa Universidade de Sao Paulo en relación aos estudos de Dirección e Xestión Pública. Os titulados terán un dobre título: da Universidade de Vigo e de Sao Paulo.

Facultade das Artes

En relación ao novo edicio das Artes, tanto o alcalde como o reitor explicaron que a sinatura do convenio para a cesión dos terreos está a piques de pecharse. Neste momento está sendo estudado polos técnicos de ambas institucións para atalo en relación aos tempos de construcción. O que si quedo claro é que a Universidade terá que refacer o proxecto actual e o novo irase executando por fases, debido á nova situación ecónomica.

Salustiano Mato asegurou que a prioridade é facer un edificio funcional (poderíase iniciar polos talleres), que sexa harmónico co entorno e, finalmente, a ser posible arquitectónicamente destacable. Pero as prioridades de construcción irán nesa orde, segundo o Reitor.

Outro dos avances na reunión, foi o compromiso do Concello de buscar espazos (na Residencia da ONCE) para acoller a equipos de investigación de fisioterapia e do deporte. A Universidade ten importantes problemas na escasez destes espazos.