Congreso de veterinarios na cidade

75

O alcalde recibiu esta mañá aos organizadores o Congreso Veterinario Noroeste que se celebra esta fin de semana no Pazo da Cultura. Son arredor de 400 participantes que estarán durante tres xornadas asistindo a obradoiros e conferencias.

O congreso está divido en obradoiros e conferencias impartidas por 12 ponentes de todo o mundo. O núcleo central das xornadas é a xeriatría que será abordada dende todos os puntos de vista.