O Concello de Pontevedra participará a vindeira semana, o xoves e venres, 12 e 13 de xuño, no Auditorio Rafael del Pino de Madrid na Xornada de Políticas Europeas en Mobilidade Urbana: Cara unha cidade intelixente e segura.
A esta xornada, organizada pola Dirección Xeral de Tráfico, Pontevedra foi expresamente convidada a participar como ponente na última mesa das xornadas que abordará “Seguridade viaria, modelos de mobilidade urbana integrados nun novo concepto de cidade”. Pontevedra compartirá mesa con Madrid, Barcelona, Vitoria e Xixón.
O marco da intervención do alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, que será o ponente de Pontevedra nesta conferencia, será a reducción da accentalidade e da sinestralidade nas vías pontevedresas en relación a outras cidades das cales hai estatísticas publicadas e fiables.
A compartiva con todas as cidades resalta os baixos datos de sinestralidade de Pontevedra, na actualidade en cifras de resistencia, aínda que o Goberno Local continúa traballando para que sigan baixando.
Borrador da Lei de tráfico
O concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera que deu a coñecer a participación de Pontevedra na xornada da DXT, tamén resaltou que hai escasos días publicouse o Borrador do novo código de circulación no que se pode comprobar como algunhas das suxestións presentadas polo Concello de Pontevedra están recollidas no borrador.
As velocidades 20 km/h nas plataformas únicas; os 30 km/h nas vías cun só carril, son algunhas das suxestións do Concello de Pontevedra que están recollidas no borrador.
O concelleiro destacou que “estas e outras achegas nos alegran. E continuaremos traballando nesta liña para evitar o maior número de feridos nas estradas”.