II Carreira “PonteNoite 5+5″

77

Data: 14 de xuño

Hora: 21:30 h.

"Ponte Noite5+5", a proba central do calendario do Circuíto de Carreiras Populares de Pontevedra (CCCP), chega o próximo sábado, día 14, cun percorrido totalmente urbano e o aliciente de gozar correndo pola cidade nun horario pouco habitual. A proba chega este ano cun forte acento social pois súmase ao evento internacional “Run 4 Parkinson's” e acolle tamén a participantes das catro asociacións que integran o proxecto municipal Hefesto.

A organización da carreira prevé que os corredores do 10.000 saian ás 21.30 horas dende a Praza de España. Non obstante, as categorías inferiores e os corredores con parkinson sairán a partir das 20.30 horas. Estes últimos farán un percorrido de 150 metros. Previamente a Asociación de Parkinson organiza un festival solidario de zumba na avenida de Montero Ríos con inscrición de tres euros para os adultos e un euro para os nenos. Os últimos en tomar a saída serán os participantes na distancia de 5.000 metros.

Inscriccións en www.championchipnorte.com