“De cómic a novela gráfica. A banda deseñada en España no século XXI”

58

A mostra “De cómic a novela gráfica. A banda deseñada en España no século XXI” propón unha mirada ó momento actual da creatividade en torno á chamada novena arte en España, a banda deseñada. Faise a través de exemplos do máis alto nivel tanto polo seu éxito editorial e repercusión nacional e internacional, coma polos numerosos premios que recibiron.

A exposición trata de reflectir os diversos procesos da creación dun cómic, con mostras de bosquexos, páxinas orixinais e coloreado dixital. E finalmente achéganse para a consulta do visitante as obras editadas, as novelas gráficas das que se expoñen orixinais.

A inauguración terá lugar o venres 20 de xuño, ás 20:00 h. Horario de visita: de martes a sábado de 10:00 a 21:00 h. Domingos e festivos de 11:00 a 14:00 h. Luns pechado