“Bailando de cine“. Espectáculo da Escola de Danza Déborah

75

Lugar: Centro Social Fundación Novacaixagalicia

Hora: 19 h.

Prezo: dende 4 €. Entradas anticipadas á venda no teléfono 902 504 500 e en www.servinova.com

Espectáculo fin de curso no que participarán todos os alumnos da escola, levados por un fío condutor ambientado na entrega duns imaxinarios premios cinematográficos. Coreografías de DéborahAlfaya , Kellen Nogueira, María Alonso e Roser Garriga.

Idóneo para introducirse no máxico mundo da danza, tanto clásica coma moderna e contemporánea. Se estás a pensar en bailar, é unha magnífica ocasión, para coñecer os diversos estilos e o traballo da escola, tanto para pequenos como maiores. Asegurámosvos diversión e entretemento.

O ballet é unha arte e a danza pode conquistar o corazón das persoas, provocando a alegría e a felicidade, a emoción e a tristura. As actuacións de ballet mostran acontecementos da vida nunha atmosfera máxica onde se sucede, o glamour, a fantasía, o perigo e o deleite todo acompañado por un ambiente moi especial.

Prezo: dende 4 €. Entradas anticipadas á venda no teléfono 902 504 500 e en www.servinova.com