Festival da Escola de Danza Fita Novas

78

Lugar: Centro Social Fundación Novacaixagalicia

Hora: 20:30 h.

Prezo: dende 3 €. Entradas anticipadas á venda no teléfono 902 504 500 e en www.servinova.com

A Escola de Danza Fita Novas con máis de 40 anos de vida fundada por Fita Novas e agora dirixida pola súa filla Laura Arias Novas, profesora titulada de ballet clásico e coreógrafa, organiza o seu festival de fin de curso 2013-14, representación artística onde se mostra o traballo realizado polas alumnas da escola con diversascoreografías de Ballet Clásico e Danza Moderna coas súas variantes.

Destacamos a gran variedade de números en canto a estilos, vestiario e música. O entretemento está asegurado.