ASFALTADO UXÍO NOVONEIRA MERCORES 18 POLA TARDE

76

O mércores 18 de xuño a partir das 15 horas péchase á circulación de vehículos a rúa Uxío Novoneira. O propio mércores, última hora da tarde quedará de novo aberta ao tráfico.

Para garantir a mobilidade con vehículo procédese a mudar o sentido circulatorio da rúa paralela P. Filgueira Valverde, e un tramo da rúa Joaquín Costa (ver plano que se achega).

Colocaranse paneis informativos para informar e guiar os condutores.

Facilitarase a mobilidade dos vehículos de transporte público co cambio provisional da parada de autobús da rúa Cobian Arenal á rúa Eduardo Pondal.

Para garantir a seguridade nos tramos onde muda o sentido da circulación retirarase o estacionamento a partir das 14.30 horas.