OBRAS DE ASFALTADO EN EDUARDO PONDAL SEGUNDO TRAMO

61

O xoves 19 de xuño executaranse obras de reposición de asfalto na rúa Eduardo Pondal, entre a glorieta do 12 de Novembro e Vialia.

Os traballos comezarán ás 9.30 horas e prolongaranse durante todo o día.

Manterase en todo momento a circulación en ambos os dous sentidos.

Será necesario a retirada de estacionamento no tramo afectado, e habilitarase unha zona de estacionamento provisional para os condutores con mobilidade reducida.