“Unha mirada, dous tempos. Pintores de Pontevedra para un centenario”

73

A proposta da exposición "Unha mirada, dous tempos. Pintores de Pontevedra para un centenario" iníciase no pasado e continúa ata hoxe, dende aquelas obras que fixeron arrincar unha traxectoria, agora xa consolidada, ata ao traballo feito nestes tempos, cando todos eles xa están a vivir o seu pleno dominio artístico. Agora, o Café Moderno serve como reivindicación da pintura feita en Pontevedra polos creadores que, nun ou noutro momento, tiveron relación con este espazo tan emblemático como querido na vila do Lérez.

O Café Moderno agocha moitos tesouros vinculados a diferentes ámbitos de Pontevedra e que xa fan parte da historia, como os tres grandes lenzos de Carlos Sobrino, datados de 1914: "Parella de amantes", "A cortesá" e "A tentación de Colombina".

Horario de visita: de luns a venres de 18:00 a 21:00 h. Sábados de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 21:00 h.