Aprobado o ensanche da vía de Igresa a Casas Novas, en Mourente

75

A Xunta de Goberno aprobou esta mañá o inicio do proceso de contratación do ensanche do vial que une o lugar da Igresa con Casas Novas, na parroquia de Mourente por valor de 241.910 euros, segundo informou esta mañá o portavoz do Goberno, Raimundo González.

Trátase dunha obra priorizada polo Consello parroquial, seguindo a liña de actuación do Goberno Local de actuar nos núcleos de centralidade parroquial que é onde se desenvolve a grande parte da vida parroquial como é no caso de Mourente.

Os traballos consistirán no ensanche na vía para crear unha estrada duns 8 metros de ancho coa creación de muros de contención nos puntos que sexa necesario, así como a reposición do firme nas zonas ensanchadas, así como a canalización e drenaxe nos puntos que sexa preciso.