O alcalde recibe aos representantes de Asearpo

69

O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores recibiu onte ás representantes da Asociación de enfermos de artrite (Asearpo), que ten a súa sede en Redondela pero que atende a poboación de toda a provincia. O obxectivo da asociación é dar a coñecer esta dolencia, e a súa problemática diaria. Con este obxectivo está programada unha xornada informativa que se celebrará, probablemente no Hospital Provincial, o vindeiro 18 de outubro e na que participarán unha asisten social, unha avogada, unha reumatóloga e un oftalmólogo.

En colaboración con outras entidades e asociacións, Asearpo quere celebrar a semana da saúde. O alcalde comprometeuse a colaborar na organización das xornadas así como da semana da saúde cando se materialice.