O Concello recurre a tasación do Xurado de expropiación de Galicia dos térreos de Pasarón, que ascende a 1,9 millóns

33

O Concello de Pontevedra acode á vía xudicial para recurrir a taxación que fixo o Xurado de expropiación de Galicia da zona verde do campo de fútbol de Pasarón. Naquela parcela -agora estacionamento en superficie de balde para a zona- o Concello expropiou 11 predios e tasounos en 1.356.825 euros. A taxación do xurado foi de 1.957.000 euros. É dicir, 601.000 euros máis.

A Xunta de Goberno aprobou esta mañá o recurso ao entender que cabe aplicar os valores da ponencia catastral vixente en 2005, cando se inicou o procedemento de expropiación, e non de 2011 como fixo o Xurado de expropiación. Ademais, segundo explicou o portavoz do Goberno, Raimundo González, ningún dos particulares reclamou ante o Xurado que a ponencia fose do 2011.