“Ponteverán 2014”. Programa de lecer e tempo libre para o verán

37

Programa de lecer e tempo libre para o verán, organizado polo Concello de Pontevedra, coa finalidade de ofertar á mocidade e infancia de Pontevedra un programa educativo e lúdico de actividades de tempo libre para as vacacións do verán, baseado en valores de igualdade, convivencia, respecto ao ambiente, coñecemento da propia cultura e de promoción da actividade física e o deporte.

Prioritariamente para nenos e nenas, mozos e mozas do Concello de Pontevedra. No caso de non cubrirse as prazas poderán optar persoas doutros concellos e doutras idades a través da listaxe de agarda.

Presentación de solicitudes a partir do 10 de xuño. Pre-inscrición on-line, presencial, telefónica ou por e-mail. Consulta en cada actividade.

+info. na Oficina Municipal de Xuventude de Pontevedra. Rúa Sor Lucía, 2 – 3, no teléfono 986 840367 (en horario de 09 a 14 h. de luns a venres) e en www.ponteveran.info