Viaxe de coñecemento a Ponte da Lima, Lindoso, Lovios e Bande

63

A Concellería de Patrimonio Histórico organiza o vindeiro 5 de xullo a novena viaxe de coñecemento, nesta ocasión a Ponte da Lima, Lindoso, Lovios e Bande. As viaxes de coñecemento pretenden dar a coñecer espazos e experiencias de recuperación e dinamización do patrimonio cultural e natural. Vai dirixido a integrantes de asociacións, profesorado e, en xeral, a persoas interesadas na protección e promoción dos bens patrimoniais.
Aínda pendente de pechar, o programa desta viaxe será a seguinte:
• 9 h Saída desde a parada de bus de San Roque (á beira da capela de San Roque)
• 10.30 h Visita ás lagoas de Arcos e Bertiandos
• 12.15 h Ponte de Lima. Visita libre a xardíns do Arnado, museo rural do Arnado e Centro histórico/Festival de Xardíns
• 14 h Lindoso: visita a conxunto de castelo e espigueiros
• 15 h Xantar en Lovios. Restaurante Lusitano (18 euros)
• 17 h Visita ao campamento romano de Aquis Querquenis
• 19 h. Bande
• 20 h Retorno a Pontevedra.
As persoas interesadas en participar na viaxe deberán inscribirse a través do web tesourosdotempo.pontevedra.eu, sección Novas, dende hoxe mesmo. O prezo da viaxe é de 25 euros (18 do xantar + 7 do bus)
As viaxes anteriores
• Decembro 2011: O Val Miñor
• Xuño 2012: Viana do Castelo
• Decembro 2012: Allariz
• Abril 2013: Terra de Montes
• Xuño 2013: Baixo Miño
• Setembro 2013: Braga e Carvalho de Calvos
• Decembro de 2013: Vigo romano e castrexo
• Marzo de 2014: Ponte Caldelas (Tourón e Cuñas) e A Lama (Covelo e O Pelete)