Esta exposición contén unha selección de obras de artistas que lograron gran repercusión co seu traballo artístico en temas relacionados co queer, índa que tamén temos artistas novos con traballos moi interesantes ao respecto, e algúns que, sendo xa moi coñecidos por outras liñas de traballo, quixeron colaborar cunha obra ex profeso.
As técnicas empregadas son principalmente fotografía e ilustración, índa que tamén encontramos pintura e ata unha performance de parte de Alba Fernández Troiteiro e Xandre Outeiro que terá lugar as 18:30 h. cunha duración de 3 minutos e 30 segundos, tras a presentación oficial das Xornadas.
Na parte de obras artísticas, comisariada por Daniel Diéguez, participan:
• Alba Blanco
• Alba Fernández Troiteiro/Xandre Outeiro
• Alfredo Roagui
• Andrés Barcala
• Andrés Laxeira
• Ánxela López Pulpeiro/Fran Bueno
• Carolina Toscano
• Daniel Diéguez
• Diego de los Reyes
• Fernando Bayona
• Héctor Barros
• Kiko Alcázar
• Kiko da Silva
• Lilian Valverde
• Manu Lago
• Mario Monforte
• Nickie Charles
A inauguración desta mostra terá lugar o xoves 19 de xuño ás 18 h. Este é o pistoletazo de saída das Xornadas que conteñen tamén unha parte lúdica o outra socioeducativa.
Consulta o programa completo de actividades en www.boavilapride.com