372.000 euros para a rede separativa da praza de Galicia

58

O Concello de Pontevedra inicia este luns, 23 de xuño, o proxecto de mellora e rehabilitación integral dos servizos de saneamento, abastecemento e rede de augas pluvias da praza de Galicia e da rúa Andrés Mellado, que presenta un importante déficit nos colectores con filtracións, atascos, desbordes dos pozos… e incluso, nalgunhas zonas a rede de augas pluviais está unida á rede de saneamento.

Para resolver todos estes problemas dos servizos actuais que xa teñen moitos anos, o concelleiro responsábel do Ciclo da Auga, Raimundo González explicou esta mañá que se fará unha actuación integral en toda a praza cun orzamento de 372.000 euros dende xuño a outubro.

Instalaranse máis de 1.000 metros lineais de tubaxe, e reporanse 1.500 metros cadrados de beirarrúas, xa que toda a obra discurrirá pola beirarrúa, pero nos tramos nos que se actúe substituirase totalmente, xa que en zonas como Andrés Mellado ou a parte norta da praza de Galicia a beirarrúa é antiga.

Comezarase pola zona sur – leste – norte da praza e rematarase por Andrés Mellado.