Reparto de carteis de prohibido consumo de alcol e tabaco a menores entre a hostalería

84

A Concellaría de Benestar Social Municipal en colaboración coa Consellería de Sanidade está a repartir entre a hostalería local (especialmente entre aquela que vende alcol e tabaco) cartelería relativa á venda, subministro, consumo e publicidade do tabaco e do alcol a menores.
Esta campaña está enmarcada dentro do Plan Municipal de Prevención de Condutas Aditivas, para dar cumprimento á normativa sobre as medidas reguladoras da venda, subministro, consumo e publicidade do tabaco (Lei 42/2010 que modifica a Lei 28/2005- BOE núm. 318 do 31 de decembro de 2010) e do alcohol a menores de 18 anos (Lei 11/2010-DOG núm. 248, do 28 de decembro de 2010).
O reparto estase a facer en todos os establecementos (especialmente hostalería) de venda de alcol e tabaco en todo o ámbito da cidade. No caso de que algún establecemento non recibise a cartelería ou quixese máis exemplares poderá solicitalos gratuitamente nas dependencias da Casazul, onde se atopan as oficinas do Plan Municipal de Prevención de Condutas Aditivas ou a través do correo pgonzalez@pontevedra.eu

Ver documento PDF