Traballos de mantemento e seguranza no Parque das Palmeiras

59

A Concellaría de Parques e Xardíns está a realizar nestes días traballos de mantemento e seguranza no parque das Palmeiras, logo do paso do duro inverno.
Estanse a realizar podas e talas dalgunhas árbores que estaban perigosas segundo a apreciación técnica, e que se atopaban nos espazos máis transitados do parque. Neste mesmo ámbito tamén se están a realizar traballos de arboricultura coa ancoraxe de ramas pesadas dos grandes exemplares para evitar que caian sobre os paseos ou a propia área infantil.
Tamén se están a realizar labores de aireación do terreo compactado na zona próxima ao Paseo de Cervantes, onde se continuará coas especies tapizantes para continuar corrixindo a falta de vexetación que hai nas zonas máis sombrías.
Os traballos complétanse co destoconado das árbores caídas durante o inverno no parque das Palmeiras.