Ponte Poética 4. Festival de Poesía

77

O festival, dirixido por Yolanda Castaño e organizado polo Concello de Pontevedra e o Ateneo terá lugar o venres 27, sábado 28 e domingo 29 de xuño de 2014 no Pazo da Cultura de Pontevedra (rúa de Alexandre Bóveda, s/n), Teatro Principal (rúa de Paio Gómez Chariño, s/n) e outros espazos da cidade.

Nel participarán os seguintes escritores: Ana Luísa Amaral, Benjamín Prado, Àngels Gregori, Xavier Rodríguez Baixeras, Elvira Riveiro Tobío, Anxo Angueira, Íñigo Astiz e .Ledicia Costas.

Venres 27 de xuño:

• 17:30 h.  Salón de Actos do Pazo da Cultura de Pontevedra (rúa de Alexandre Bóveda, s/n). Inauguración de PontePoética 4 e diálogo con: Ana Luísa Amaral e Àngels Gregori. Conducido por Yolanda Castaño.

• 19:00 h. Salón de Actos do Pazo da Cultura de Pontevedra. Recital dos poetas: Ledicia Costas, Íñigo Astiz, Elvira Riveiro Tobío e Anxo Angueira. Presenta: Antón Sobral.

• 22:30 h. Lady Carmiña (rúa Paio Gómez Chariño, 33). Espectáculo que combina poesía, música, vídeo e performance: “Balada do peep-show”. Elvira Riveiro Tobío e a dj Carina Posse.

Sábado 28 de xuño:

• 11:00  h. Seminario 3 do Pazo da Cultura de Pontevedra. Obradoiro de Poesía con: Xavier Rodríguez Baixeras.

• 17:30 h. Teatro Principal de Pontevedra. Recital dos poetas: Àngels Gregori, Xavier Rodríguez Baixeras, Ana Luísa Amaral e Benjamín Prado. Presenta: Xaime Toxo.

• 19:00 h.  Teatro Principal de Pontevedra. Recital final con todos os poetas participantes e clausura de PontePoética 4. Presenta: Yolanda Castaño.

Domingo 29 de xuño

• 11:00 h. Seminario 3 do Pazo da Cultura de Pontevedra. Obradoiro de Narrativa con: Benjamín Prado.

As persoas interesadas poden inscribirse nos obradoiros de Poesía e Narrativa a través do correo electrónico cfuentesmoledo@yahoo.es ou do teléfono 669428188, ata o xoves 26 de xuño, indicando o/os obradoiro/os da súa preferencia.