Carlota Román inaugura PonteEmprego, a terceira edición da feira do Emprego que impulsa a Concellería de Promoción Económica

89

Xa está en marcha a terceira edición da Feira de Emprego de Pontevedra, PonteEmprego. A iniciativa da Concellería de Promoción Económica foi inaugurada pola súa titular, Carlota Román, quen deu paso ao economista e xornalista arxentino, habitual colaborador de medios de comunicación de toda España, Ernesto Ekáizer.

Durante dous xornadas, en horario de 9.00 a 13.30 e de 16.30 a 20.00 horas,desenvolverase un completo programa de actividades que inclúe relatorios, mesas redondas, charlas,cursos formativos, stands comerciais e, por suposto, as entrevistas de selección da Bolsa de Contratación.

Ernesto Ekaizer falou da nova economía do estancamento, do crecemento sen crecer e das diferenzas entre os conceptos de pleno emprego e plena empregabilidade.

Durante a súa intervención, Carlota Román, cualificou a PonteEmprego como "unha criatura moi querida e desexada neste Concello, pero, en certo modo adoptada, porque a Administración local, no marco do reparto competencial do taboleiro administrativo español, carece de responsabilidades (e por tanto de fondos) en materia de emprego". Aínda así, engadiu, é ben sabido que hai moitas actividades e servizos que dependen, case exclusivamente, da vontade política, que é tanto como dicir a sensibilidade, dos concellos. "E se dende eles non se atenden, na práctica quedan desatendidos. Moi lamentablemente, este está a ser tamén o caso do combate directo e cara a cara contra o monstro do desemprego", recalcou.

Ás 10.30 horas, o consultor en comunicación e mercadotecnia online Javier Varela falou da importancia de posuír unha marca persoal para que as características, as habilidades profesionais e os valores das persoas en busca activa de emprego destaquen e sexan visibles nun mundo cada vez más conectado a través de Internet.

Ainhoa Mallo, coach especialista en xestión de talento, amosou ás 12.00 horas os pasos a seguir para enfocarse laboralmente con éxito, conectando co talento e motivando á acción.
 
Xa pola tarde, ás 16.30 horas, será a quenda do coach holandés Mikah de Waart, experto en motivación laboral que, coa súa charla Sal do paro xa!, brindará algunhas ideas, ferramentas e unha estratexia firme para encontrar traballo. A xornada rematará coa mesa redonda Cinco recomendacións para a busca de emprego,onde responsables de RRHH de diferentes empresas dialogarán cos asistentes sobre os criterios que usan na procura dun candidato, os perfís máis buscados ou os aspectos e actitudes que máis valoran nos seus equipos de traballo.
 
De xeito paralelo, desenvolveranse once obradoiros de mellora da empregabilidade que teñen como principal obxectivo axudar os participantes a aumentar as súas competencias e cualificacións profesionais. Propostas como aprender a redactar un currículo de impacto, buscar emprego coas novas canles de comunicación, espremer LinkedIn ao máximo ou potenciar as capacidades nunha entrevista de selección son algúns dos cursos máis demandados, para os que se ofertaron un total de 1.090 prazas en 45 sesións.
 
PONTEEMPREGO será tamén o escenario no que se desenvolverá un ano máis a Bolsa de Contratación para as máis de 150 ofertas de traballo recibidas. Aínda que non todas as entrevistas de selección realizaranse no Pazo da Cultura, esta Bolsa constitúe un recurso
consolidado e de gran valor para a quelas persoas que desexan incorporarse ao mundo do
traballo ou mellorar as súas condicións actuais de emprego.
 
Por último, o vestíbulo do Auditorio acollerá un área de exposición comercial no que participarán unha vintena de empresas e institucións que of
recerán información e ideas para encontrar traballo, os pasos a seguir para franquiciar ou montar un franquía, axudas para o emprendemento ou formación para mellorar as cualificacións profesionais.
 
O programa de todas as actividades pode consultarse en ponteemprego.wordpress.com.